xoves, Decembro 12, 2019

Xornada de Presentación do “Proxecto Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas”

Presentación

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o vindeiro 16 de decembro a xornada de presentación do proxecto piloto “Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas” para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).

O proxecto ‘Primare - Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ contou para a súa realización cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Amtega para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative".

Público obxectivo

Axentes do ecosistema de innovación agrario e ecosistema dixital de Galicia: empresas TIC, universidades, centros tecnolóxicos, grupos de investigación, asociacións de innovación agraria,...

Enfoque do evento

O obxectivo é crear un punto de encontro do ecosistema dixital e agrario de Galicia para que os axentes que participaron na iniciativa compartan os principais resultados, elementos innovadores e leccións aprendidas e se xere un debate e un intercambio de coñecemento sobre cuestións técnicas relevantes.

Programa

Programa - Xornada de Presentación do “Proxecto Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas”

Inscrición

A asistencia é gratuíta, previa inscrición - Formulario de inscrición.

Documentación

Presentacións empregadas nos eventos (zip).

FONDO EUROPEO DE DESARROLLO
REGIONAL (FEDER)

"Una manera de hacer Europa"

Proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS dotado cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"