Política de Accesibilidade

O portal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.

A política de accesibilidade aplicada pola Amtega está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Cumprimento dos estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola iniciativa de Accesibilidade WEB (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automático da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.

Para a correcta visualización do portal gráfico cómpre poder executar Javascript.

Data de última revisión

A última revisión manual de accesibilidade deste portal foi realizada con data 06/11/2019.

Contacto

A Amtega, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través de calquera das modalidades de presentación que ten dispoñibles o Sistema integrado de atención á cidadanía.

FONDO EUROPEO DE DESARROLLO
REGIONAL (FEDER)

"Una manera de hacer Europa"

Proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS dotado cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"