sábado, Setembro 14, 2019

PRIMARE DEMO-DAYS

Presentación

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organizan as xornadas "Primare Demo-Days" que se celebrarán o 17 de setembro en Forcarei (Pontevedra) e o 22 de outubro en Meira (Lugo).

O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer as oportunidades e retos do proxecto piloto de innovación 'Primare - Inspeccións Intelixentes Avanzadas' para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).

Público obxectivo

Responsables de explotacións agrarias, en especial dos beneficiarios das axudas da Política Agraria Común (PAC), e outros axentes de interese.

Enfoque do evento

O enfoque do evento é divulgativo, poñendo o foco no potencial do uso de medios tecnolóxicos para aumentar a eficiencia e reducir a complexidade da realización dos controis asociados ás axudas da PAC. Incorpora unha actividade de campo para os que estean interesados en coñecer o funcionamento do uso de medios aéreos non tripulados -drones- para a realización destas actividades.

Programa

Programa - 1ª Convocatoria. 17 de setembro de 2019 FORCAREI (Pontevedra)

Programa - 2ª Convocatoria. 22 de outubro de 2019 Meira (Lugo)

Inscrición

A asistencia é gratuíta, previa inscrición - Formulario de inscrición.

Documentación

Presentacións empregadas nos eventos (zip).

FONDO EUROPEO DE DESARROLLO
REGIONAL (FEDER)

"Una manera de hacer Europa"

Proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS dotado cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"