O proxecto ‘Primare - Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ trátase do primeiro proxecto de compra pública de tecnoloxía innovadora (CPTi) no ámbito do sector primario posto en marcha a nivel estatal.
Para o desempeño do proceso de CPTi velouse por garantir o cumprimento exhaustivo das recomendacións a nivel estatal e galego para o desenvolvemento de proxectos de compra pública de tecnoloxía innovadora, articulando dende o comezo unha consulta preliminar ao mercado así como a posterior fase de contratación mediante procedemento de diálogo competitivo.
| ID | CONCEPTO | DESCRICIÓN | MODALIDADE / PROCEDEMENTO A SEGUIR | IMPORTE ESTIMADO DE LICITACIÓN |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Servizo de desenvolvemento e fase demostración dun sistema de xestión de información xeorreferenciada para o control da actividade agraria en Galicia | Desenvolvemento dunha plataforma para a captura e xestión de información xeográfica, territorial e agroambiental xeorreferenciada, capaz de integrar os datos capturados mediante sensores transportados por UAVs, así como por calquera outro medio ou dispositivo tecnolóxico, para o control e xestión da actividade agraria en Galicia. | Compra Pública de Tecnoloxía Innovadora / Diálogo competitivo | 1.500.000 € |
| 2 | Servizo de desenvolvemento e fase demostración dunha plataforma de procesado de información das parcelas agrarias galegas | Deseño dun sistema para a estruturación e procesado automático da información xeorreferenciada das explotacións/parcelas, capturada por sensórica transportada en UAVs ou outros medios tecnolóxicos, para o seu posterior uso e explotación polos axentes intervenientes no proceso de inspección das axudas da PAC en Galicia. | Compra Pública de Tecnoloxía Innovadora / Diálogo competitivo | 1.050.000 € |
| 3 | Servizo de desenvolvemento e fase demostración do sistema experto de control automatizado e intelixente da actividade agraria asociada ás axudas da política agraria común (PAC). | Deseño e implementación dun sistema experto intelixente para a automatización dos traballos sobre o terreo e a toma de decisións asociados ás inspeccións vinculadas ás axudas da PAC en Galicia. | Compra Pública de Tecnoloxía Innovadora / Diálogo competitivo | 800.000 € |




