Áreas/temas para a innovación
- Captura de datos xeográficos, territoriais e agroambientais mediante tecnoloxías LIDAR, mediante a análise das imaxes obtidas a través de UAVs ou outros medios, ou mediante sensorízación.
- Integración e hibridación dos datos obtidos dos distintos sistemas de captura.
- Análise automático dos datos obtidos para a obtención automática de información xeográfica, territorial e agroambiental, e posta a disposición desa información dos usuarios finais.
- Actualización continua dos datos e da información.
Retos técnicos
- Captura de información xeográfica, territorial, e agraria (relativa aos cultivos e as parcelas, e o seu estado).
- Integración de distintas tecnoloxías na captura da datos.
- Técnicas e modelos de análise e procesado da información capturada para obtención de información.
- Integración da información en sistemas de xestión.
Mellora operacional a conseguir coa solución: optimización de procesos, redución de custos...
- Redución do tempo de realización dos controis de campo
- Aumento do número de recintos controlados
- Redución dos custes de realización dos controis
- Aumento do nivel de seguridade na realización dos controis




