Ademais, da mellora operativa do proceso de controis de inspección asociados ás axudas da PAC derivado da súa automatización, a solución inclúe entre outras a aplicación os seguintes tecnoloxías e técnicas innovadoras:

  • Captura de información xeográfica, territorial, e agraria (relativa aos cultivos e as parcelas, e o seu estado)
    • Uso de UAV de ala fixa e multirrotor, para a obtención de fotogramas brutos de espectro visible e multiespectral, imaxe oblicua, imaxe 360º, vídeo, así como ortoimaxe de espectro visible e multiespectral; e uso de imaxes satelitais de espectro visible e multiespectral.
    • Técnicas para a mellora da execución dos voos de UAVs, optimizando as rutas xeradas para permitir a cobertura de maiores superficies por unidade de tempo, aumentando a eficiencia e incrementando a seguridade nas operacións.
  • Integración de distintas tecnoloxías na captura de datos
    • Integración de sensores ad-hoc para o obxectivo concreto; sistemas multiplataforma dotados coa capacidade de simultanear a adquisición de datos para unha zona determinada con todo tipo de plataformas e sensores asociados.
    • Uso de ferramentas deseñadas para o manexo de grandes cantidades de datos xeoespaciais (Big Data).
  • Técnicas e modelos de análise e procesado de datos para a obtención de información
    • Aplicación de Redes Neuronais Convolucionais Profundas (Deep CNN) aos diferentes problemas: segmentación de cultivos, detección de elementos da paisaxe e indicios.
  • Integración da información en sistemas de xestión
    • Uso de arquitectura baseada no estándar de colas AMQP (Advanced Message Queuing Protocol) que permite desacoplar os distintos módulos e establecer unha axeitada coordinación entre eles.

FONDO EUROPEO DE DESARROLLO
REGIONAL (FEDER)

"Una manera de hacer Europa"

Proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS dotado cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"