O proxecto global Primare – Inspección Intelixentes Avanzadas componse de 3 solucións independentes e integradas entre si:
- Servizo de desenvolvemento e fase demostración dun SISTEMA DE XESTIÓN DE INFORMACIÓN XEORREFERENCIADA para o control da actividade agraria en Galicia.
- Servizo de desenvolvemento e fase demostración dunha PLATAFORMA DE PROCESADO de información das parcelas agrarias galegas.
- Servizo de desenvolvemento e fase demostración do SISTEMA EXPERTO DE CONTROL AUTOMATIZADO E INTELIXENTE da actividade agraria asociada ás axudas da política agraria común (PAC).
Como consideracións xerais, cada proxecto baixo un enfoque global e integrado comprende:
- Desenvolvemento dos compoñentes software necesarios que formarán parte do proxecto.
- Posta en marcha dos diferentes compoñentes englobados dentro fase de demostración do proxecto global PRIMARE, que cubra os seguintes aspectos:
- Demostración da viabilidade de uso do proxecto individual.
- Integracións cos demais sistemas que abarcan o proxecto global PRIMARE, así como con outros sistemas de información existentes e necesarios, para a súa validación e posta en marcha.
- Demostración, conxuntamente cos demais sistemas que abarcan o proxecto global PRIMARE de integración da traza do proceso de inspección de xeito automatizado. A demostración ou fase piloto avaliará a viabilidade de uso do proxecto sobre un subconxunto de, cando menos, 3.000 parcelas das controladas nunha campaña no territorio galego, comprobando a súa viabilidade técnica, económica e fiabilidade na aplicación en dito tipo de actividade (cunha porcentaxe de éxito no control superior ao 90%).
- Todos os servizos necesarios para a posta en marcha dos elementos contratados, así como a súa xestión e mantemento durante a fase piloto de demostración.




