Actualmente o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), no proceso de tramitación e xestión das axudas da Política Agraria Común (PAC), dedica unha cantidade importante de esforzo, recursos e tempo á realización de controis sobre o terreo das parcelas receptoras de ditas axudas. A porcentaxe de parcelas controladas nunha campaña da PAC en Galicia supera as 100.000; e dita campaña de control permite a xestión e pago aos beneficiarios dunhas axudas que superan os 200M€ anuais.

Para mellorar este proceso e obter unha maior eficiencia e eficacia na inspección, é necesario desenvolver solucións innovadoras con base nas últimas tendencias tecnolóxicas para dispoñer de sistemas e equipamento tecnolóxico adaptado que permita de forma automática realizar unha gran diversidade de controis complexos: medición de superficie, cálculo de unidades de cultivo, altura do cultivo, calidade do terreo, tipoloxía de cultivo,... Tamén, é necesario acceso telemático á información e dispoñer de axudas expertas automatizadas para a parametrización técnica do proceso e a cumprimentación dos informes.

FONDO EUROPEO DE DESARROLLO
REGIONAL (FEDER)

"Una manera de hacer Europa"

Proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS dotado cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"