O proxecto CPTi ‘Primare - Inspeccións Intelixentes Avanzadas’, coliderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), ten por obxectivo que os controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC) se poidan realizar de xeito automatizado mediante medios tecnolóxicos (en particular, mediante o uso de medios aéreos non tripulados, e outros sistemas tecnolóxicos), aumentando o número de controis, a súa eficiencia e reducindo a complexidade e custos da súa realización.
O proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS conta cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative".




