|
16/12/2019 | 12:45
A Xunta porá en marcha a segunda fase do proxecto Primare para facilitar a xestión dixital das explotacións agrogandeiras de GaliciaA Xunta desenvolverá a segunda fase do Programa Primare tras validar a plataforma desenvolta para as inspeccións intelixentes avanzadas, cuxos resultados se presentaron hoxe nunha xornada celebrada na Cidade da Cultura. O encontro foi inaugurado pola directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral da Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto. Ambos representantes autonómicos expresaron o interese de que Galicia siga sendo un referente no desenvolvemento de solucións innovadoras aplicadas ao sector agrogandeiro e avanzaron, que á vista dos resultados positivos obtidos nesta primeira fase... LER MÁIS |
|
11/12/2019 | 14:30
A Xunta reúne o vindeiro luns en Santiago a axentes do sector dixital e agrario para mostrarlles os principais resultados do proxecto “Primare Inspeccións Intelixentes Avanzadas”A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o vindeiro luns 16 de decembro, a xornada de presentación do proxecto ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC). Esta xornada celebrarase en Santiago de Compostela co obxectivo de crear un punto de encontro do ecosistema... LER MÁIS |
|
19/10/2019 | 10:30
Máis de noventa axentes do sector agrogandeiro galego participan este martes nunha nova xornada sobre o proxecto PrimareA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o próximo 22 de outubro no concello de Meira (Lugo) a xornada “Primare Demo-Day” para dar a coñecer as oportunidades e retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC). Trátase da segunda das xornadas previstas, trala celebrada o pasado 17 de setembro en Forcarei (Pontevedra), para que responsables de explotacións agrarias, en especial dos beneficiarios das axudas da Política Agraria Común (PAC)... LER MÁIS |
|
17/09/2019 | 12:15
A Xunta pilotará a plataforma Primare para as inspeccións intelixentes e a agricultura avanzada en 3.000 parcelas galegasUn total de 90 axentes do sector agrogandeiro participaron hoxe en Forcarei na primeira xornada “Primare Demo-Days”, na que se abordaron as oportunidades e os retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ da Xunta para automatizar os controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC). O encontro foi inaugurado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias da Consellería do Medio Rural LER MÁIS |
|
14/09/2019 | 11:45
A Xunta presenta aos axentes do sector agrogandeiro a iniciativa Primare de inspeccións intelixentesA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o vindeiro 17 de setembro en Forcarei a primeira xornada “Primare Demo-Days” para dar a coñecer as oportunidades e retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC). É o primeiro dos dous encontros previstos para dar a coñecer a responsables de explotacións agrarias, en especial dos beneficiarios das axudas da Política Agraria Común (PAC), o potencial do uso de medios tecnolóxicos para aumentar a eficiencia e reducir... LER MÁIS |




