Servizo de desenvolvemento e fase demostración dun SISTEMA DE XESTIÓN DE INFORMACIÓN XEORREFERENCIADA para o control da actividade agraria en Galicia, que inclúe os seguintes módulos funcionais:
- Captación de información.
Ofrecer os mecanismos para a adquisición en tempo real de información xeográfica, territorial e agroambiental xeorreferenciada capturada mediante sensores transportados por UAVs, así como por calquera outro medio ou dispositivo tecnolóxico. - Control de operacións.
Permitir a programación, execución e xestión das operacións para unha correcta adquisición de datos en campo de modo automatizado: xeración de ordes de traballo, programación das rutas, activación e desactivación dos sensores e xeración dun histórico de operacións. - Xestión de información.
Xestionar os mecanismos de integración e acceso da información para dar resposta ás necesidades do proxecto: almacenamento, consulta, actualización, borrado, etc., autentificación e autorización de acceso e xeración da traza das operacións.




