Servizo de desenvolvemento e fase demostración do SISTEMA EXPERTO DE CONTROL AUTOMATIZADO E INTELIXENTE da actividade agraria asociada ás axudas da política agraria común (PAC), que inclúe os seguintes módulos funcionais:
- Planificación das inspeccións.
Permitir a planificación de inspeccións baseándose en regras expertas que teñan en conta: casos a inspeccionar, información dos cultivos, tipos de controis, e a optimización da planificación e xestión de rutas de inspección. - Execución das inspeccións e toma de decisións asociadas.
Permitir a explotación analítica dos datos capturados en campo para servir de apoio á toma de decisións e xeración automática de patróns para a planificación, execución e supervisión da actividade inspectora. - Supervisión e xestión de sancións e inspeccións.
Permitir a extracción automatizada das estatísticas da actividade de inspección e prover un modelo de xestión automatizada das conciliacións, reparacións e rectificacións que se derivan.




